TRES PESOS

CANTARES E CONTARES

Imaxe do disco Cantares e Contares, do grupo de música tradicional galega Tres Pesos, composto por Felisa Segade (voz e percusións), Pepe de Calo (gaita, clarinete, voz e percusións) e Xoán Porto (acordeón, voz e percusións). O álbum, que contén doce temas, é unha homenaxe á transmisión oral e á idiosincrasia do pobo galego, combinando cantigas tradicionais con novas composicións que reflicten a riqueza da nosa cultura popular. De igual xeito móstrase na imaxe un ser case mitolóxico que representa os contos de toda unha comunidade coa mente ben nutrida cargada de historia (follaxe na testa). O seu andar resoa por onde pasa (chocas) compartindo cantos e contos de séculos pasados iluminando na actualidade a quen quere escoitar.

CLIENTE

3 Pesos

DATA

2024

CATEGORIA

Disco musical