A NENA E O GRILO

A NENA E O GRILO

A Nena e o Grilo é un proxecto musical e teatral de Magín Blanco para público infantil e familiar. A súa primeira entrega, estreada en 2010, combinaba música e narración con artistas convidados. A proposta evolucionou con espectáculos como “A Nena e o Grilo máis aló”, finalista nos Premios María Casares, e “A Nena e o Grilo camiño das cores”, que explora a amizade e a busca persoal a través dunha viaxe chea de aventuras. Cunha posta en escena con música en directo, a obra convida á reflexión e á imaxinación dos máis pequenos.

CLIENTE

Urdime

DATA

2024

CATEGORIA

Cartaz de espectáculos teatral.