








LOVISMO
A banda La Loba presenta o seu novo traballo discográfico: Lovismo, unha obra que xira arredor da idea do amor en todas as súas formas. Lovismo é unha canción para as lobas amigas, para aqueles que nos dan a man día a día, para as lobitas que nacen na madrigueira e para a terra que nos acolle. É unha celebración do amor libre e dos amores diversos, unha declaración do que queremos e do que somos.
O deseño deste disco encapsula a esencia de unión e afecto, combinando planos que evocan unión, amor e tenrura. As ilustracións e os acabados gráficos transmiten sinxeleza e a idea de refuxio, creando unha atmosfera cálida e vibrante. Lovismo non só se escoita, senón e se contempla, nunha obra que establece unha ponte entre a música, a emoción e a identidade colectiva.
CLIENTE
A Banda da Loba
DATA
2025
CATEGORIA
Disco musical e merchandising.