Bio

Nacín en Ribeira no outono de 1986.

O mar é a miña principal fonte de inspiración, influenciada tamén polo surrealismo.
As miñas creacións abarcan a fotografía, a ilustración e o vídeo, con traballos que exploran e mesturan estas disciplinas. 

Gosto de descubrir novos escenarios, de vivir aventuras e de capturar as innumerables imaxes que xorden improvisadas cada día.

Exploro en conexión co meu entorno e coas experiencias que me rodean ademais de estar influenciada polo teatro, cine e educación. 

Formeime en ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e en fotografía na escola Mestre Mateo de Santiago de Compostela.


SONIA GARCÍA